Códigos de acceso
Se esquece algún dos códigos de acceso, póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos.
Código PIN (número de identificación persoal) — Este código protexe a súa tarxeta SIM
de usos non autorizados. O código PIN (de 4 a 8 díxitos) fornécese normalmente xunto
coa tarxeta SIM. Se insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces consecutivas, o
código bloquearase e necesitará o código PUK para desbloquealo.
Código UPIN — Este código pódese fornecer xunto coa tarxeta USIM. A tarxeta USIM é
unha versión mellorada da tarxeta SIM e admítena os teléfonos móbiles 3G.
Primeiros pasos 25
Código PIN2 — Este código (de 4 a 8 díxitos) fornécese xunto con algunhas tarxetas SIM
e requírese para acceder a algunhas funcións do dispositivo.
Código de bloqueo (tamén chamado "código de seguridade") — O código de bloqueo
axúdalle a protexer o dispositivo contra o uso non autorizado. O código predeterminado
é 12345. Pode crear e cambiar o código e axustar o dispositivo para solicitar o código.
Garde o código novo nun lugar secreto e seguro lonxe do dispositivo. Se esquece o
código e o dispositivo se bloquea, requirirase asistencia técnica. É posible que se
apliquen tarifas adicionais e que se eliminen todos os datos persoais do dispositivo.
Para obter máis información, póñase en contacto cun punto de atención Nokia Care ou
co distribuidor do dispositivo.
Código PUK (clave de desbloqueo persoal) e PUK2 — Estes códigos (8 díxitos) requírense
para modificar un código PIN ou PIN2 bloqueado, respectivamente. Se os códigos non
se fornecen coa tarxeta SIM, póñase en contacto co fornecedor de servizos de rede ao
que pertence a tarxeta SIM inserida no teléfono.
Código UPUK — Este código (8 díxitos) requírese para modificar un código UPIN
bloqueado. Se o código non se fornece coa tarxeta USIM, póñase en contacto co
fornecedor de servizos de rede ao que pertence a tarxeta USIM inserida no teléfono.
Número IMEI (International Mobile Equipment Identity, Identidade Internacional de
Equipo Móbil) — Este número (de 15 ou 17 díxitos) emprégase para identificar
dispositivos válidos na rede GSM. Os dispositivos que, por exemplo, foran roubados
pódense bloquear para impedir que teñan acceso á rede. O número IMEI do seu
dispositivo atópase debaixo da batería.