Nokia E52 - Sincronizar, recuperar ou enviar contido

background image

Sincronizar, recuperar ou enviar contido

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Cambio

.

Despois da primeira transferencia, seleccione unha das seguintes opcións para comezar

unha transferencia nova, dependendo do modelo:

22 Primeiros pasos

background image

para sincronizar contido entre o seu dispositivo e o outro dispositivo, se o outro

dispositivo admite a sincronización. A sincronización é bidireccional. Se se

elimina un elemento nun dispositivo, eliminarase en ámbolos dous. Non se

poden restablecer os elementos eliminados mediante a sincronización.

para recuperar contido do outro dispositivo para o seu dispositivo. Coa

recuperación, o contido transfírese dende o outro dispositivo ao seu

dispositivo. É posible que se lle solicite que garde ou elimine o contido orixinal

no outro dispositivo, dependendo do modelo do dispositivo.

para enviar contido dende o seu dispositivo ao outro dispositivo

Se non pode enviar un elemento, dependendo de que tipo de dispositivo sexa o outro,

pode engadir o elemento ao cartafol Nokia, a C:\Nokia ou E:\Nokia no seu dispositivo.

Unha vez seleccionada a carpeta que desexe transferir, os elementos sincronizaranse

na carpeta correspondente do outro dispositivo e viceversa.
Utilice accesos directos para repetir unha transferencia

Despois dunha transferencia de datos, pódese gardar un acceso directo cos axustes de

transferencia na vista principal para repetir a mesma transferencia máis tarde.

Para editar o acceso directo, seleccione

Opcións

>

Axustes atallo

. Pode, por exemplo,

crear ou cambiar o nome do acceso directo.

Despois de cada transferencia, amósase un rexistro da transferencia. Para ver o rexistro

da última transferencia, seleccione un acceso directo na vista principal e

Opcións

>

Ver

rexistro

.

Manexar conflitos de transferencias

Se un elemento que se vai transferir foi editado en ámbolos dous dispositivos, o

dispositivo intentará combinar os cambios automaticamente. Se isto non é posible,

prodúcese un conflito de transferencia. Seleccione

Comprobar un por un

,

Priorid. para

este tfno.

ou

Priorid. para outro tfno.

para solucionar o conflito.