Nokia E52 - Transferencia de contido

background image

Transferencia de contido

É posible utilizar a aplicación Cambio para copiar contido como números de teléfono,

enderezos, elementos da axenda e imaxes do seu dispositivo Nokia anterior ao novo.
O tipo de contido que se pode transferir depende do modelo do dispositivo desde o que

desexe transferir contido. Se ese dispositivo admite a sincronización, tamén será posible

sincronizar datos entre os dispositivos. O teléfono notificaralle se o outro dispositivo

non é compatible.
Se o outro dispositivo non se pode acender sen unha tarxeta SIM, pode inserir a súa

tarxeta SIM nel. Se se acende o dispositivo sen unha tarxeta SIM, o perfil Desconectado

actívase automaticamente e pódese realizar a transferencia.
Transferencia de contido por primeira vez

1 Para recuperar datos dende o outro dispositivo por primeira vez no seu dispositivo,

seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Cambio

.

2 Seleccione o tipo de conexión que desexa utilizar para transferir os datos. Ámbolos

dous dispositivos deben admitir o tipo de conexión seleccionado.

3 Se selecciona a conectividade Bluetooth como tipo de conexión, conecte os dous

dispositivos. Para facer que o teléfono busque dispositivos con conectividade

Bluetooth, seleccione

Continuar

. Seleccione o dispositivo desde o que desexa

transferir contido. O teléfono solicitaralle que insira un código no teléfono. Insira

un código (entre 1 e 16 díxitos) e seleccione

Aceptar

. Insira o mesmo código no

outro dispositivo e seleccione

Aceptar

. Os dispositivos están agora vinculados.

É posible que algúns dispositivos de Nokia anteriores non inclúan aínda a aplicación

Cambio. Neste caso, a aplicación Cambio enviarase ao outro dispositivo en forma

de mensaxe. Para instalar a aplicación Cambio no outro dispositivo, abra a mensaxe

e siga as instrucións da pantalla.

4 No teléfono, seleccione o contido que desexe transferir desde o outro dispositivo.

Unha vez iniciada a transferencia, pode cancelala e continuar máis tarde.

O contido transfírese desde a memoria do outro dispositivo á posición correspondente

no teléfono. O tempo da transferencia depende da cantidade de datos que se teñan que

transferir.