Nokia E52 - Configurar o correo electrónico

background image

Configurar o correo electrónico

O dispositivo Eseries de Nokia traballa as mesmas horas que vostede e á mesma

velocidade. Manteña sincronizados o correo electrónico, os contactos e a axenda de

maneira rápida e práctica con conexións de alta velocidade.
É posible que deba introducir a información seguinte ao configurar o correo electrónico:

nome de usuario, tipo de correo electrónico, servidor de correo entrante, porto do

servidor de correo entrante, servidor de correo saínte, porto do servidor de correo

saínte, contrasinal ou punto de acceso.

Primeiros pasos 23

background image

Co asistente de configuración de Correo electrónico pode configurar contas de correo

do traballo, como Microsoft Exchange, ou contas de correo de Internet, como os servizos

de correo de Google. O asistente de configuración admite POP/IMAP e protocolos

ActiveSync.
Se está a configurar o correo electrónico do traballo, consulte os detalles co

departamento de TI. Se está a configurar o correo electrónico de Internet, vexa a páxina

web do fornecedor de servizos para obter máis información.
Para iniciar o asistente de configuración de Correo electrónico:
1 Desprácese ata o asistente de configuración de Correo electrónico na pantalla de

inicio.

2 Introduza o seu enderezo de correo electrónico e o contrasinal. Se o asistente de

configuración non pode configurar automaticamente os seus axustes de correo

electrónico, seleccione o tipo de conta de correo e introduza os axustes

correspondentes.

Consello: Se non configurou a caixa do correo, prema a tecla de correo electrónico para

iniciar o asistente de configuración de Correo electrónico.
Se o dispositivo contén clientes de correo electrónico adicionais, estes amósanse ao

iniciar o asistente de configuración de Correo electrónico.