Nokia E52 - Nokia PC Suite

background image

Nokia PC Suite

Nokia PC Suite é un conxunto de aplicacións que vostede pode instalar nun PC

compatible. Nokia PC Suite agrupa todas as aplicacións dispoñibles nunha ventá de

entrada desde a que pode activar as aplicacións. Nokia PC Suite pode estar incluído

nunha tarxeta de memoria se esta se proporcionou co dispositivo.

24 Primeiros pasos

background image

Con Nokia PC Suite pode sincronizar os contactos, a axenda, as notas de tarefas e doutros

tipos entre o seu teléfono e unha aplicación de PC compatible como Microsoft Outlook

ou Lotus Notes. Tamén pode utilizar Nokia PC Suite para transferir os favoritos entre o

seu dispositivo e navegadores compatibles e transferir imaxes e videoclips entre o

dispositivo e PC compatibles.

Nota: Preste atención aos axustes de sincronización. O borrado de datos como

parte normal do proceso de sincronización está determinado polos axustes

seleccionados.
Para utilizar Nokia PC Suite requírese un PC con Microsoft Windows XP (SP2) ou Windows

Vista que sexa compatible cun cable de datos USB ou coa conectividade Bluetooth.
Nokia PC Suite non funciona con Macintosh.
Para obter máis información sobre Nokia PC Suite, consulte as súas funcións de axuda

ou o sitio web de Nokia.
Para instalar Nokia PC Suite:

1 Asegúrese de que a tarxeta de memoria está inserida no dispositivo Nokia E52 .

2 Conecte o cable USB. O PC recoñece o novo dispositivo e instala os controladores

necesarios. Esta operación pode levar varios minutos.

3 Seleccione

Almacenaxe masiva

como o modo de conexión USB no seu dispositivo.

O seu dispositivo aparece no explorador de ficheiros de Windows como un disco

extraíble.

4 Abra a raíz do controlador da tarxeta de memoria co explorador de ficheiros de

Windows e seleccione a instalación de PC Suite.

5 Empeza a instalación. Siga as instrucións que aparecen na pantalla.
Consello: Para actualizar Nokia PC Suite, ou se ten problemas ao instalar Nokia PC Suite

desde a tarxeta de memoria, copie o ficheiro de instalación no PC e inicie a instalación

desde o PC.