Nokia E52 - Pantalla de inicio

background image

Pantalla de inicio

Dende a pantalla de inicio pode acceder rapidamente ás aplicacións máis frecuentes,

ademais de ver se ten chamadas perdidas ou novas mensaxes.
Sempre que vexa a icona , desprácese á dereita para acceder á lista de accións

dispoñibles. Para pechar a lista, desprácese á esquerda.

A pantalla de inicio consta do seguinte:
1 Accesos directos ás aplicacións. Para acceder a unha aplicación, seleccione o acceso

directo da aplicación.

2 Espazo de información. Para comprobar un elemento amosado no espazo de

información, seleccione ese elemento.

3 Espazo de notificación. Para ver as notificacións, desprácese ata unha caixa. As

caixas só están visibles se conteñen elementos.

Pode definir dúas pantallas de inicio independentes para distintos fins; por exemplo,

unha pantalla para amosar notificacións e correo do traballo, e outra para amosar o

correo persoal. Deste xeito, non terá por que ver as mensaxes do traballo fóra de horas

de oficina.
Para alternar entre as dúas pantallas de inicio, seleccione .

Primeiros pasos 21

background image

Para definir os elementos e accesos directos da pantalla de inicio, e para fixar o aspecto

da pantalla de inicio, seleccione

Menú

>

Pan. control

e

Modos

.