Cargar a batería
A batería vén medio cargada de fábrica. Se o dispositivo indica unha carga baixa, faga
o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma de parede.
2 Conecte o enchufe do cargador ao porto USB do dispositivo.
3 Cando o dispositivo indique que a batería está completamente cargada, desconecte
primeiro o cargador do dispositivo e logo da toma de parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo determinado e é posible
utilizar o dispositivo cando está cargando. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para
poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Primeiros pasos 13
Cargar co cable de datos USB
A carga co cable de datos USB é máis lenta que co cargador. É posible que a carga co
cable de datos USB non funcione se utiliza un hub USB. Os hubs USB poden ser
incompatibles para cargar un dispositivo USB.
A carga mediante o cable de datos USB pode tardar moito tempo se a batería se atopa
completamente descargada.
Cando o cable de datos USB está conectado, pódense transferir datos ao mesmo tempo
que se carga.
1 Conecte unha unidade USB compatible ao dispositivo utilizando un cable de datos
USB.
Dependendo do tipo de unidade utilizada para cargar pode que tarde un momento
antes de comezar.
2 Se o dispositivo está conectado, seleccione un dos modos USB dispoñibles.