Extraer a tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que se
estea accedendo á mesma, xa que podería producir danos na tarxeta de memoria e no
dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
1 Prema brevemente a tecla Acender e seleccione
Retirar tarxeta memoria
.
2 Para evitar que a batería se solte, coloque o dispositivo de maneira que a tapa
traseira apunte cara a arriba.
3 Quite a tapa traseira.
4 Prema o extremo da tarxeta de memoria para soltala da fenda da tarxeta e retírea.
5 Volva colocar a tapa traseira.