Inserir a tarxeta de memoria
Utilice unha tarxeta de memoria para gardar a memoria no dispositivo. Na tarxeta de
memoria tamén pode gardar unha copia de seguridade da información do dispositivo.
Utilice únicamente as tarxetas microSD e microSDHC compatibles autorizadas por Nokia
para utilizar co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as
tarxetas de memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente
compatibles con este dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na
tarxeta e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Manteña todas as tarxetas de memoria fóra do alcance de nenos pequenos.
Comprobe a compatibilidade da tarxeta de memoria co fabricante ou fornecedor.
O paquete de venda pode incluír unha tarxeta de memoria compatible. Pode que xa
haxa unha tarxeta de memoria no dispositivo. No caso contrario, faga o seguinte:
1 Para evitar que a batería se solte, coloque o dispositivo de maneira que a tapa
traseira apunte cara a arriba.
2 Quite a tapa traseira.
14 Primeiros pasos
3 Insira a tarxeta de memoria na fenda polo lado da zona de contacto. Asegúrese de
que a zona de contacto apunte cara aos conectores do dispositivo.
4 Empurre na tarxeta ata que encaixe no seu lugar.
5 Volva colocar a tapa traseira.