Realización de chamadas da Internet
Unha vez activada a función de chamadas da Internet, poderá facer chamadas da
Internet dende tódalas aplicacións dende as que se pode facer unha chamada de voz
normal, como a lista de contactos ou o rexistro. Por exemplo, na lista de contactos,
desprácese ata o contacto desexado e seleccione
Opcións
>
Chamar
>
Chamada de
Internet
.
Para facer unha chamada da Internet na pantalla de inicio, insira o número de teléfono
ou enderezo da Internet e seleccione
Cham. rede
.
1 Para facer unha chamada da Internet a un enderezo da Internet que non comeza
cun díxito, prema calquera tecla numérica co dispositivo na pantalla de inicio e, a
continuación, prema # durante uns segundos para borrar a pantalla e cambiar do
modo numérico ao modo de letra.
2 Insira o enderezo da Internet e, a continuación, prema a tecla de chamada.