Nokia E52 - Facer unha chamada

background image

Facer unha chamada

Para facer unha chamada, introduza o número de teléfono incluíndo o prefixo e prema

a tecla chamar.
Consello: Nas chamadas internacionais, engada o signo + que substitúe ao código

internacional, insira o código do país, o código de área (omita o primeiro cero se fora

necesario) e o número de teléfono.

Para finalizar a chamada ou cancelar o intento de chamada, prema a tecla Fin.

Para facer unha chamada empregando os contactos gardados, abra os contactos.

Introduza as primeiras letras do nome, desprácese ata el e prema a tecla chamar.

Para facer unha chamada empregando o rexistro, prema a tecla chamar para ver os 20

últimos números aos que chamou ou tentou chamar. Desprácese ata o número ou nome

desexado e prema a tecla chamar.

Para axustar o volume durante unha chamada, use as teclas de volume.

Para pasar dunha chamada de voz a unha videochamada, seleccione

Opcións

>

Cambiar a videochamada

. O dispositivo remata a chamada de voz e fai unha

videochamada ao destinatario.