Nokia E52 - Comandos de voz

background image

Comandos de voz

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Teléfono

>

Ordes voz

.

Utilice os comandos de voz para facer chamadas telefónicas e iniciar aplicacións, perfís

ou outras funcións no dispositivo. Para iniciar o recoñecemento de voz, manteña

premida a tecla de poñer en silencio.
O dispositivo crea unha etiqueta de voz para as entradas nos Contactos e para as

funcións asignadas na aplicación Comandos de voz. Cando se pronuncia un comando de

voz, o dispositivo compara as palabras pronunciadas coas etiquetas de voz gardadas

no dispositivo. Os comandos de voz non dependen da voz da persoa que fala; non

obstante, o recoñecemento de voz no dispositivo adáptase á voz do usuario principal

para recoñecer mellor os comandos de voz.