Aceptar unha invitación
Cando alguén lle envía unha invitación para compartir vídeo, a mensaxe de invitación
amosa o nome do remitente ou o enderezo SIP. Se o dispositivo non está axustado no
modo de silencio, soará cando reciba unha invitación.
Se alguén lle envía unha invitación para compartir e non se atopa dentro da zona de
cobertura de rede UMTS, non saberá que recibiu unha invitación.
Cando reciba unha invitación, seleccione unha das opcións seguintes:
Si — Aceptar a invitación e activar a sesión para compartir.
Non — Rexeitar a invitación. O remitente recibe unha mensaxe de que rexeitou a
invitación. Tamén pode premer a tecla fin para rexeitar a invitación e finalizar a
chamada de voz.
Para poñer en silencio o vídeo no dispositivo, seleccione
Opcións
>
Silenciar
.
Para reproducir o vídeo co volume orixinal, seleccione
Opcións
>
Volume orixinal
. Isto
non afecta á reprodución de vídeo da outra parte da chamada.
Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione
Deter
. Para finalizar a
chamada de voz, prema a tecla fin. Cando remate unha chamada, tamén rematará a
función de compartir vídeo.