Axustes
Para configurar a función de uso compartido de vídeo, cómpre establecer os axustes da
conexión de persoa con persoa e de 3G.
Axustes de conexión de persoa con persoa
As conexións de persoa con persoa coñécense tamén co nome de conexión de Protocolo
de Iniciación de Sesión (SIP). Cómpre configurar os axustes do perfil SIP no dispositivo
para poder utilizar a función de compartir vídeo. Solicite ó seu fornecedor de servizos
os axustes do perfil SIP e gárdeos no seu dispositivo. O seu fornecedor de servizos pode
enviarlle os axustes ou proporcionarlle unha lista dos parámetros necesarios.
Para engadir un enderezo SIP a unha tarxeta de contacto:
1 Seleccione >
Contactos
.
2 Abra a tarxeta de contacto (ou inicie unha tarxeta nova para esa persoa).
3 Seleccione
Opcións
>
Engadir detalle
>
Compartir vídeo
.
4 Insira o enderezo SIP co formato nomedeusuario@nomededominio (pode utilizar
un enderezo IP en lugar dun nome de dominio).
Se non coñece o enderezo SIP do contacto, pode utilizar o número de teléfono do
destinatario, incluído o código de país, para compartir vídeo (se o fornecedor de
servizos de rede o admite).
Teléfono 69
Axustes de conexión 3G
Para configurar a súa conexión 3G:
•
Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para establecer un acordo para
que utilice a rede 3G.
•
Asegúrese de que os axustes de conexión do punto de acceso 3G do dispositivo están
configurados correctamente.