Compartir vídeos en directo ou videoclips
Durante unha chamada de voz activa, seleccione
Opcións
>
Compartir vídeo
.
1 Para compartir vídeos en directo durante a chamada, seleccione
Vídeo en
directo
.
Para compartir un videoclip, seleccione
Videoclip
e o clip que desexe compartir.
É posible que teña que converter o videoclip nun formato axeitado para poder
compartilo. Se o seu dispositivo lle indica que cómpre converter o videoclip,
seleccione
Aceptar
. O dispositivo debe dispoñer dun editor de vídeo para que a
conversión funcione.
2 Se o destinatario dispón de varios enderezos SIP ou números de teléfono, incluído
o código de país gardado na lista de contactos, seleccione o enderezo ou número
desexado. Se o enderezo SIP ou o número de teléfono do destinatario non está
dispoñible, insira o enderezo ou o número do destinatario, incluído o código do
país, e seleccione
Aceptar
para enviar a invitación. O seu dispositivo enviará a
invitación ao enderezo SIP.
A función de compartir vídeo iníciase automaticamente cando o receptor acepta a
invitación.
Opcións dispoñibles na función de compartir vídeos
Utilizar o zoom no vídeo (só dispoñible para o emisor).
Axuste o brillo (só dispoñible para o emisor).
ou
Poñer en silencio ou activar o micrófono.
ou
Activar ou desactivar o altofalante.
ou
Poñer en pausa e seguir compartindo vídeo.
Cambie ao modo de pantalla completa (só dispoñible para o receptor).
3 Para finalizar a sesión da función de compartir, seleccione
Deter
. Para finalizar a
chamada de voz, prema a tecla fin. Cando finalice unha chamada, a función de
compartir vídeo tamén finalizará.
Para gardar o vídeo en directo que compartiu, seleccione
Si
cando se lle solicite. O
dispositivo infórmalle da localización do vídeo gardado na memoria. Para definir a
70 Teléfono
localización da memoria preferida, seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Conexión
>
Compartir vídeo
>
Memoria preferida
.
Se inicia outras aplicacións mentres comparte un videoclip, a función de compartir
detense. Para volver á vista da función de compartir vídeo e continuar compartindo,
seleccione na pantalla de inicio
Opcións
>
Continuar
.