Requisitos de compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a utilización dunha conexión 3G. Para obter máis
información sobre o servizo, a dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas asociadas co uso
deste servizo, póñase en contacto co fornecedor do servizo.
Para utilizar a función de compartir vídeo cómpre facer o seguinte:
•
Asegúrese de que o dispositivo estea configurado para establecer conexións persoa
con persoa.
•
Asegúrese de dispoñer dunha conexión 3G activa e de que se atopa dentro da zona
de cobertura de rede 3G. Se se despraza fóra da zona de cobertura da rede 3G
durante unha sesión de compartir vídeo, o uso compartido finalizará mentres
continúa a súa chamada de voz.
•
Asegúrese de que tanto o remitente como o destinatario se atopan rexistrados na
rede 3G. Se convida a alguén a unha sesión para compartir contidos e o dispositivo
do destinatario non se atopa dentro da zona de cobertura de rede 3G, non dispón
da función para compartir vídeo instalada ou non configurou as conexións persoa
con persoa, o destinatario non recibirá as invitacións. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que o destinatario non pode aceptar a invitación.