Funcións de voz
Funcións de voz
Coa aplicación Funcións de voz pode utilizar a voz para executar tarefas básicas. Pode
chamar ou enviar mensaxes de audio a contactos, responder a chamadas e escoitar as
súas mensaxes. Antes de efectuar estas tarefas ten que gravar un comando persoal para
"espertar" a aplicación. Cando Funcións de voz está activado, o dispositivo está á espera
de que diga o comando para espertar. Cando se dá o comando para espertar realízanse
as tarefas.