Falar cunha canle ou grupo
Para falar cunha canle despois de iniciar sesión no servizo de PPF, prema a tecla PPF.
Soará un ton que lle indicará que se concedeu o acceso. Siga a premer a tecla PPF todo
o tempo que estea a falar. Cando remate de falar, solte a tecla.
Se trata de responder a unha canle premendo a tecla PPF mentres está a falar outro
membro, visualizarase a mensaxe
Agarde
. Solte a tecla PPF, espere a que outra persoa
termine de falar e prema a tecla PPF de novo. Tamén pode manter premida a tecla PPF
e esperar a que se visualice a mensaxe
Fale
.
Nas conversas nas canles, a primeira persoa que prema a tecla PPF despois de que alguén
remate de falar será a seguinte en falar.
Para ver os membros activos actualmente dunha canle durante unha chamada activa
na canle, seleccione
Opcións
>
Membros activos
.
Cando finalice a chamada PPF, seleccione
Desconect.
.
Para invitar a membros novos a unha chamada activa, seleccione a canle cando se atope
conectado a esta. Seleccione
Opcións
>
Enviar convite
para abrir a vista de invitacións.
Só poderá invitar a membros novos se é vostede o anfitrión dunha canle privada ou se
a canle é pública. As invitacións da canle son mensaxes de texto.
82 Teléfono
Tamén pode anunciar a súa canle para que os demais usuarios poidan coñecela e unirse
a ela. Seleccione
Opcións
>
Enviar convite
e insira a información requirida.