Nokia E52 - Verbo de prema para falar

background image

Verbo de prema para falar

Premer para falar (PTT) (servizo de rede) é un servizo de voz sobre IP en tempo real que

utiliza a rede de telefonía móbil. PTT permite a comunicación de voz directa con só

pulsar unha tecla. Utilice PTT para conversar cunha persoa ou cun grupo de persoas.
Antes de utilizalo debe definir os axustes de PTT (punto de acceso, PTT, SIP, XDM e

Presence). É posible recibir os axustes nunha mensaxe de texto especial do fornecedor

de servizos que ofrece PTT. Tamén pode utilizar a aplicación Asistente de axustes para

configurar PTT, se é admitido polo fornecedor de servizos. Para obter máis información

sobre a aplicación PTT, vexa a Guía do usuario do dispositivo ou a páxina web local de

Nokia.
Na comunicación de PPF, unha persoa fala mentres as outras escoitan a través dun

altofalante incorporado.
Os interlocutores teñen quendas de resposta. Debido a que só pode falar un membro

do grupo cada vez, a duración máxima dunha quenda de palabra está limitada. A

duración máxima establécese normalmente en 30 segundos. Para obter máis

información acerca da duración da quenda de palabra da súa rede, póñase en contacto

co seu fornecedor de servizos.
As chamadas telefónicas sempre teñen prioridade sobre as actividades relacionadas coa

función prema para falar.