Nokia E52 - Restrición de chamadas

background image

Restrición de chamadas

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Axustes

e

Teléfono

>

Restricións

. Se dispón de

axustes de chamadas da Internet definidos, seleccione

Restrición de chamadas de

Internet

.

É posible restrinxir as chamadas que se poden facer ou recibir co dispositivo (servizo de

rede). Para modificar os axustes necesita o contrasinal de restrición proporcionado polo

fornecedor de servizos. A restrición de chamadas aplícase a todos os tipos de chamadas.
Seleccione entre os axustes de restrición de chamadas de voz seguintes:

Chamadas saíntes — Para evitar facer chamadas de voz dende o dispositivo.

Chamadas entrantes — Para evitar as chamadas entrantes.

Chamadas internacionais — Para evitar chamar a países estranxeiros.

Chamadas entrantes en itinerancia — Para evitar as chamadas entrantes cando se

atope fóra do seu país.

Chamadas internacionais, agás ao país propio — Con esta opción evitará as

chamadas a países estranxeiros mais poderá facer chamadas ao seu país.

Para comprobar o estado de restrición das chamadas de voz, seleccione a opción de

restrición e

Opcións

>

Comprobar estado

.

Para desactivar todas as restricións de chamadas de voz, seleccione unha opción de

restrición e

Opcións

>

Desactivar todas restric.

.

Para cambiar o contrasinal empregado para a restrición de chamadas de voz e fax,

seleccione

Opcións

>

Editar contras. restric.

. Introduza o código actual e despois

escriba o novo código dúas veces. O contrasinal de restrición debe ter catro díxitos. Para

máis información, contacte co seu fornecedor de servizos.