Acerca das videochamadas
Para poder facer unha videochamada, cómpre estar nunha zona de cobertura dunha
rede UMTS. Contacte co seu fornecedor de servizos para obter máis información acerca
de dispoñibilidade e subscrición a servizos de videochamada. Mentres fala, pode ver un
vídeo en tempo real e bidireccional entre vostede e o receptor da chamada, sempre que
o destinatario teña un dispositivo compatible. A imaxe de vídeo gravada pola cámara
do seu dispositivo é vista polo destinatario da videochamada. As videochamadas só se
poden facer entre dúas partes.
Teléfono 67