Cifrar a memoria do dispositivo ou a tarxeta de memoria
Para cifrar a memoria do dispositivo, seleccione
Memoria do teléfono
.
Para cifrar a tarxeta de memoria, seleccione
Tarxeta de memoria
e escolla entre as
seguintes opcións:
Cifrar sen gardar clave — Para cifrar a tarxeta de memoria sen gardar a clave de
cifrado. Se selecciona esta opción non poderá usar a tarxeta de memoria noutros
dispositivos, e se restaura os axustes de fábrica non poderá descifrar a tarxeta de
memoria.
Cifrar e gardar clave — Para cifrar a tarxeta de memoria e gardar a clave manualmente
no cartafol predeterminado. Por seguridade, garde a clave nun lugar seguro fóra do
Xestión de datos e seguridade 159
dispositivo. Por exemplo, pode enviar a clave ao seu ordenador. Introduza unha frase
de autorización para a clave e un nome para o ficheiro de clave. A frase de autorización
debe ser longa e complexa.
Cifr. con clave restaurada — Para cifrar a tarxeta de memoria cunha clave recibida.
Seleccione o ficheiro de clave e introduza a frase de autorización.