Nokia E52 - Configuración remota

background image

Configuración remota

Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Teléfono

>

Xestor disp.

.

Co Xestor de dispositivos pode xestionar a distancia axustes, datos e software do

dispositivo.
Pode conectar cun servidor e recibir axustes de configuración para o dispositivo. Pode

recibir perfís de servidores e diferentes axustes de configuración dos fornecedores de

servizos ou do departamento de xestión de información corporativa. Os axustes de

configuración poden incluír a conexión e outros axustes utilizados polas diferentes

aplicacións do dispositivo. As opcións dispoñibles poden variar.
O servidor adoita iniciar a conexión de configuración remota cando cómpre actualizar

os axustes do dispositivo.

Para crear un perfil novo de servidor, seleccione

Opcións

>

Perfís servidor

>

Opcións

>

Novo perfil de servidor

.

O seu fornecedor de servizos tamén lle pode enviar estes axustes nunha mensaxe de

configuración. En caso contrario, defina os parámetros seguintes:

Nome do servidor — Introducir un nome para o servidor de configuración.

ID de servidor — Introducir o ID exclusivo para identificar o servidor de configuración.

Contrasinal de servidor — Introducir un contrasinal para identificar o dispositivo ante

un servidor.

Modo de sesión — Seleccionar o tipo de conexión preferido.

Punto de acceso — Seleccionar o punto de acceso que quere utilizar para a conexión

ou crear un punto de acceso novo. Tamén pode seleccionar que teña que dar un punto

de acceso cada vez que inicie unha conexión. Este axuste só está dispoñible se

seleccionou

Internet

como tipo de canal.

Enderezo de host — Introducir o enderezo web do servidor de configuración.

Porto — Introducir o número de porto do servidor.

Xestión de datos e seguridade 163

background image

Nome de usuario e Contrasinal — Introducir o ID de usuario e o contrasinal do servidor

de configuración.

Permitir configuración — Seleccione

Si

para que o servidor inicie a sesión de

configuración.

Aceptar autom. todas — Seleccione

Si

se non quere que o servidor lle pida a

confirmación cando inicie a sesión de configuración.

Autentificación de rede — Seleccionar se desexa utilizar a autenticación http.

Nome de usuario de rede e Contrasinal de rede — Introducir o ID de usuario e o

contrasinal para a autenticación http. Este axuste só está dispoñible se seleccionou

utilizar

Autentificación de rede

.

Para conectar co servidor e recibir axustes de configuración para o dispositivo,

seleccione

Opcións

>

Iniciar configuración

.

Para ver o rexistro de configuración do perfil seleccionado, seleccione

Opcións

>

Ver

rexistro

.

Para actualizar o software do dispositivo polo aire (OTA), seleccione

Opcións

>

Verificar actualizacións

. A actualización non borra os axustes. Siga as instrucións da

pantalla ao recibir o paquete de actualización no dispositivo. O dispositivo reiníciase

cando finaliza a instalación.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes

cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte o

cargador antes de iniciar a actualización.

Aviso:

Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin sequera

para efectuar chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar o

dispositivo.