Licenzas
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de
xestión de dereitos dixitais (DRM) para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos
os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para acceder
a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido
protexido con WMDRM 10 e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe
o contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade
do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta
anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no
dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con
outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.