Licenzas de utilización
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse
cunha licenza asociada que define os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha
copia de seguridade da licenza e do contido, utilice a función de copia de seguridade
de Nokia PC Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran a licenza que é necesario
recuperar co contido para que poida continuar utilizando o contido protexido mediante
OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible que necesite
recuperar a licenza en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, a licenza e o contido
perderanse se formata a memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza
e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda da licenza ou do contido
pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo.
Para obter máis información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida
acceder ao contido protexido se a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.
Para ver as súas licenzas por tipo, seleccione
Licenzas válidas
,
Licen. non válid.
ou
Non en uso
.
Para ver os detalles da licenza, seleccione
Opcións
>
Detalles da licenza
.
Para cada ficheiro multimedia amósase a seguinte información:
Estado — O estado é
Licenza válida
,
Licenza caducada
, ou
Licenza non válida
aínda
.
Envío de contido —
Permitido
indica que pode enviar o ficheiro a outro dispositivo.
Contido do teléfono —
Si
indica que o ficheiro está no dispositivo e a ruta do ficheiro
aparece en pantalla.
Non
indica que o ficheiro non se atopa actualmente no dispositivo.
Para activar unha licenza, na vista principal de licenzas seleccione
Licen. non válid.
>
Opcións
>
Obter nova licenza
. Estableza unha conexión de rede cando llo soliciten;
será dirixido a un sitio web onde pode mercar dereitos sobre contido multimedia.
Para eliminar dereitos de ficheiros, diríxase ao ficheiro desexado e seleccione
Opcións
>
Borrar
. Se hai varios dereitos ligados ao mesmo ficheiro multimedia, todos
serán eliminados.
168 Xestión de datos e seguridade
A vista da licenza de grupo amosa todos os ficheiros ligados a un dereito de grupo. Se
descargou varios ficheiros cos mesmos dereitos, aparecerán todos nesta vista. Pode
abrir a vista de grupo dende a ficha de licenzas válidas ou a de licenzas inválidas. Para
acceder a estes ficheiros, abra o cartafol de dereitos de grupo.