Nokia E52 - Instalación de aplicacións e software 

background image

Instalación de aplicacións e software

Os ficheiros de instalación pódense transferir ao dispositivo dende un ordenador

compatible, descargar durante a navegación ou recibilos nunha mensaxe multimedia,

como ficheiro adxunto de correo electrónico, ou mediante outros métodos de conexión,

como unha conexión Bluetooth. Pode utilizar Nokia Application Installer de Nokia PC

Suite para instalar unha aplicación no dispositivo.
Seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xestor aplic.

.

Os ficheiros de instalación están no cartafafol Ficheiros de inst., e as aplicacións

instaladas no cartafol Aplic. instal..
As iconas indican o seguinte:

aplicación .sis ou .sisx

Aplicación Java

Aplicación instalada na tarxeta de memoria

Importante: Só instale e utilice aplicacións e outro software procedente de

fontes de confianza, como aplicacións Symbian Signed ou que teñan pasado a proba

Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o seguinte:

Para ver o tipo de aplicación, o número da versión e o seu fornecedor ou creador,

seleccione

Opcións

>

Ver detalles

.

Para ver os detalles do certificado de seguridade da aplicación, seleccione

Ver

detalles

.

Se instala un ficheiro que contén unha actualización ou parche para unha aplicación

existente, só pode restaurar a aplicación orixinal se posúe o ficheiro de instalación

orixinal ou unha copia de seguridade completa do paquete de software eliminado.

Para restaurar a aplicación orixinal, elimine a aplicación e instálea de novo dende

o ficheiro de instalación orixinal ou dende a copia de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa, é posible que

o teléfono lle solicite a súa descarga. Se non existe ningún punto de acceso definido

para a aplicación, solicitaráselle seleccionar un. Durante a descarga do ficheiro JAR,

é posible que necesite inserir un nome de usuario e un contrasinal para acceder ao

servidor. Pode obtelos do fornecedor ou creador da aplicación.

Xestión de datos e seguridade 165

background image

Para instalar a aplicación ou software, leve a cabo os pasos que se indican a

continuación:
1 Para localizar un ficheiro de instalación, seleccione

Menú

>

Pan. control

>

Xestor

aplic.

e

Ficheiros de inst.

. Tamén pode buscar os ficheiros de instalación mediante

o Xestor de ficheiros ou seleccionar

Mensaxería

>

Caixa entrada

e abrir unha

mensaxe que conteña un ficheiro de instalación.

2 No Xestor de aplicacións, seleccione a aplicación que desexa instalar.

Durante a instalación, o teléfono amosa información acerca do seu progreso. Se

instala unha aplicación sen certificado ou sinatura dixital, o teléfono amosará unha

advertencia. Continúe a instalación só se está seguro da orixe e contido da

aplicación.

Para executar unha aplicación instalada, seleccione a aplicación. Se a aplicación non

posúe un cartafol predeterminado definido, instalarase no cartafol Instalacións do

menú principal.

Para ver os paquetes de software instalados ou eliminados e a súa data, seleccione

Opcións

>

Ver rexistro

.

Importante: Ó dispositivo só admite unha aplicación antivirus. Dispoñer de máis

dunha aplicación con función antivirus pode afectar ao rendemento e funcionamento

ou provocar que o dispositivo deixe de funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha tarxeta de memoria compatible, os ficheiros

de instalación (.sis, .sisx) permanecen na memoria do dispositivo. É posible que os

ficheiros utilicen grandes cantidades de memoria e lle impidan almacenar outros

ficheiros. Para manter suficiente memoria, utilice Nokia PC Suite para facer unha copia

de seguridade dos ficheiros de instalación nun ordenador compatible e, a continuación,

utilice o xestor de ficheiros para eliminar os ficheiros de instalación da memoria do

dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro achegado dunha mensaxe, elimine a mensaxe

da bandexa de entrada.