Xestor de certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de
certificados
.
Os certificados dixitais serven para verificar a orixe do software, mais non garanten a
seguridade. Existen catro tipos distintos de certificados: certificados de autoridade,
certificados persoais, certificados de sitio seguro e certificados de dispositivo. Durante
unha conexión segura, un servidor pode enviar un certificado de servidor ao seu
dispositivo. Despois de recibilo, é comprobado por un certificado de autoridade
almacenado no seu dispositivo. Se a identidade do servidor non é auténtica ou se non
dispón do certificado de seguridade correcto no seu dispositivo, recibirá unha
notificación.
Pode descargar os certificados dende unha páxina web ou recibilos coma mensaxe. Os
certificados deben empregarse cando se conecta a un banco en liña ou a un servidor
remoto para transferir información confidencial. Tamén deben empregarse para reducir
o risco de ser infectado por virus ou demais software malicioso e asegurarse da
autenticidade dun software cando o descargue e instale.
Consello: Se engade un novo certificado, comprobe a súa autenticidade.