Axustes de confianza en certificados
Seleccione
Menú
>
Pan. control
>
Axustes
e
Xeral
>
Seguridade
>
Xestión de
certificados
.
Confiar nun certificado significa que o autoriza a verificar páxinas web, servidores de
correo, paquetes de software e outros datos. Só se deben empregar certificados de
confianza para verificar servizos e software.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos
relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre utilizalos
correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia dun
certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado debe
dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado debera
ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o propietario
do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao propietario facilitado.
Para cambiar os axustes de confianza, seleccione un certificado e
Opcións
>
Axustes
fiabilidade
. Desprácese ata un campo de aplicación e prema a tecla de desprazamento
para seleccionar
Si
ou
Non
. Non se poden cambiar os axustes de confianza dun
certificado persoal.
Dependendo do certificado, amosarase unha lista das aplicacións que poden usar o
certificado:
Instalación Symbian — Nova aplicación do sistema operativo Symbian.
Internet — Correo electrónico e gráficos.
Instalación aplics. — Nova aplicación Java.
Compr. certif. en liña — Protocolo de estado de certificado en liña.